Sunday 05 de May de 2024

Malpica celebrará este domingo o LXXXVII Aniversario das Misións Pedagóxicas cunha programación cultural adaptada


Está prevista a visita á exposición fotográfica guiada por Xurxo Alfeirán,munha sesión de Títeres e a actuación de Xacarandaina, a agrupación dembaile tradicional.

O Concello de Malpica, a través da iniciativa da concellaría de Cultura, celebrará este domingo o LXXXVII Aniversario das Misións Pedagóxicas cunha programación cultural adaptada ao contexto actual.
O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches. Así José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís, xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica de Bergantiños as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por todo o Estado.
Así, para este domingo, 25 de outubro e no Centro Cívico, está previsto ás 17:30 horas a visita á exposición fotográfica guiada por Xurxo Alfeirán. Ás 18:00 horas haberá unha sesión de títeres, con ‘Novos lobos’ e ás 19:00 horas a actuación de Xacarandaina, unha agrupación de baile tradicional.
Contarase con estritas medidas de seguridade ante a incidencia da COVID-19 en Galicia, e o aforo será limitado.